domingo, 17 de julio de 2022

Homenaje en San Simón a la guerrilla gallega

 

A memoria enche San Simón para homenaxear a guerrilla galega


Cilia Torna
 17 de julio de 2022

A illa de San Simón acolleu na maña deste domingo outra masiva homenaxe ás vítimas do franquismo. O acto, organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria, coordinadora dos colectivos memorialistas, contou coa participación de máis 500 persoas, que responderon ao chamado de arredor de 30 entidades de toda Galiza.

A xornada deste ano tivo como obxecto central que nesta edición terá como obxecto o recoñecemento da guerrilla e a resistencia galega antifranquista, que na Galiza se desenvolveu de xeito organizado desde os primeiros momentos do comezo da represión e contou con apoio popular co fin de manter aceso o combate ao fascismo e as forzas represoras do réxime.

Os actos arrancaron con dous roteiros guiados para coñecer a historia da illa convertida en campo de concentración polo réxime franquista. Neste sentido, o percorrido serviu, tamén, para reivindicar de novo os usos de San Simón como un espazo de memoria, no que impere o respecto polo acontecido neste centro de detención e prisión franquista entre os anos 1936 e 1943. [...]

Leer +


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario